O UNIVERSO.

O sistema solar
Ao redor do Sol xiran os planetas e os demais astros que forman o Sistema Solar. Nós vivimos no planeta Terra.
Saturno ten un anel ao seu redor.
Mercurio é o planeta máis próximo á Sol
Venus é o planeta máis próximo á Terra.
Xúpiter é o planeta máis grande.




A Terra: as estacións do ano.
A terra xira ao redor do Sol no sentido contrario ao das agullas do reloxo.
Tarda un ano en dar unha volta completa.
Este movemento denomínase translación e dá lugar ás estacións do ano: PRIMAVERA, VERÁN, OUTONO E INVERNO.

A Terra: o día e a noite.
A Terra xira sobre ela mesma e tarda un día en dar unha volta completa.
Este movemento denomínase de rotación e dá lugar ao día e á noite.

Durante o día, recibimos a luz e a calor do Sol.
Pala mañán, sae o Sol e ascende no ceo
Ao mediodía, o Sol está no máis alto do ceo.
Pola tarde, o Sol descende no ceo ata poñerse.

Pola noite podemos ver a Lúa e as estrelas.
 Durante o día, o ceo tamén está cuberto de estrelas e outros astros, pero a intensa luz do Sol non nos deixa velos.



A Lúa.
A Lúa xira ao redor da Terra e tarda 28 días en facelo. É o seu satélite.
Segundo a súa posición, a superficie da Lúa iluminada polo Sol será distinta. Isto dá lugar ás fases da Lúa. As fases da Lúa son: Cuarto crecente, Lúa chea, Cuarto Minguante e Lúa nova.


Comentarios