PREMIOS LITERARIOS 2013


Hoxe festexamos no Colexio o día das Letras Galegas que nesta edición rende homenaxe ao escritor Roberto Vidal Bolaño. Entre os numerosos actos que renderon homenaxe a esta figura e á nosa lingua, tivo lugar a entrega de premios do certame literario. O profesorado encargado do certame subliñou a importante participación e a calidade dos traballos así como o destacado aporte creativo dos alumnos. Así, os gañadores no 1º ciclo de E.P, foron:
 
 
 

· Julián Pazos Moreira de 1ºA coa obra O MISTERIO DA POTA DE BARRO. Un relato que nos leva a unha viaxe dende a Illa de Tambo á horta do Colexio de Praceres onde se atopa o arco da vella que achegará a Anxo á pota de barro que garda as moedas de ouro.   

· Navia Castro Landín de 2ºB coa obra O MISTERIO DAS LETRAS GALEGAS. Outro relato de misterio relacionado coa desaparición das letras galegas. Un pobo está sumido na tristura cando ten que ler os libros de sempre. Despois de chamar a un detective aparece Carme, unha nena que procura as letras desaparecidas. Despois dunha divertida busca de grafías atópase coa desconfianza dos veciños que pensan que son escritas por ela.  Para demostralo contará coa axuda do seu curmán Lucas.    

Parabéns aos gañadores e sobre todo aos que vos animastes a participar.


Comentarios