Contidos mínimos. 1º Ed. Primaria. Curso 2014-2015.


Estimados pais/nais e alumnos/as, benvidos/as ó blog de 1º e 2º de Primaria.

Aquí encontraredes información e actividades relativas a estes cursos, así como imaxes e relatos sobre as saídas, festas, proxectos...que se desenvolvan no colexio e nos que participemos.

Nesta entrada podedes consultar os contidos mínimos esixíbles para 1º de Primaria. Estes contidos están recollidos na programación e están a vosa disposición.

Lingua castelá
Matemáticas
Lingua galega

Lectura con autonomía correcta e fluidez axeitada.
Comprensión lectora de textos curtos e sinxelos.
Expresión oral e escrita de pequenos textos atendendo as normas gramaticais dadas.
Realización dunha letra lexible.
Distinción das grafías correspondentes aos fonemas: ce, ci, za, zo, zu;
ga, go, gu, br, bl; erre forte e erre débil.
Uso das maiúsculas.
Escritura de m antes de p e b.
Escritura sen cometer inversións nin omisións.
Utilización dos signos de interrogación.

Números ata 99: lectura, escritura, descomposición e comparación.
-Cálculo: Suma, resta de números naturais de ata dous cifras.
Polígonos: Triángulos, cuadriláteros, círculo e circunferencia.
 Medidas: Lonxitude, capacidade e masa.
Calendario: día, semana, mes.
Problemas sinxelos de suma e resta.


Lectura con autonomía correcta e fluidez axeitada.
Comprensión lectora de textos curtos e sinxelos
Expresión oral e escrita de pequenas oracións atendendo as normas gramaticais dadas.
Grafía clara, limpa e ordeada
Distinción das grafías correspondentes aos fonemas: ce, ci, za, zo, zu; x, ga, go, gu; br, bl; erre forte e erre débil.
Uso das maiúsculas.
Escritura de m antes de p/b.
Escritura sen cometer inversións nin omisións.
Clasificación de palabras polo número de sílabas.
Utilización dos signos de interrogación.



Educación física
Relixión
Educación Plástica

Imaxe global e segmentaria.
Nocións espaciais básicas (Dentro-fora, arriba-abaixo,...)
Desprazamentos e xiros nos tres eixes do espacio.
Os saltos: batida, voo e caída.
Xiros, botes, saltos...
Lanzamentos – recepcións.
As conducións, botes e golpeos.
Tipos de movemento (Suave, forte, lixeiro, rápido, etc...)
Normas e regras.
Respecto as regras dos xogos.
Xogo coma relación cos demais.

Deus é o noso Pai.
Coidado da natureza e respecto polas persoas.
A Biblia.
O Nadal.
A figura de Xesús.
Semana Santa.
Pascua.
María: a nosa nai do ceo.
O domingo como día de celebración.
A eucaristía

Finalización das tarefas propostas.
Orde e limpeza das presentacións.
Utilización dos materiais axeitados.
Identificación e aplicación dos distintos materiais e texturas
Elaboración de distintos tipos de creacións previamente traballados.
Discriminación de formas, cores, texturas...
Representación de obxectos no espazo.
Interese pola observación e expresión artística e musical.
Participación activa nas actividades da clase.



Ciencias Naturais
Ciencias Sociais
Lingua inglesa

O corpo humano: as súas partes.
Os cambios ó longo da vida
Hábitos de hixiene e alimentación.
Animais: clasificación pola súa reprodución, alimentación, medio no que vive e desprazamento.
Principais características dos materiais.

A familia: tipos de parentesco.
Partes da casa.
A auga e o aire: importancia para a vida dos seres vivos.
O día e a noite.
As estacións do ano.

Vocabulario traballado: Cores, Números, Obxectos da clase, Partes do corpo, Emocións, Familia, Animais, Comidas e Bebidas, Clima, Estacións do ano, Roupa, Transportes e lugares, Días da semana.
Certas expresións orais para comunicarse no aula ( saudar, despedirse, agradecer, pedir permiso...)
Festividades e aspectos culturais e da vida cotiá dos países de fala inglesa.

Comentarios