Medios de transporte

Boas a todos/as! En Primeiro de Primaria estamos a traballar os medios de transporte na materia de Ciencias Sociais.

Este é un tema co que os nenos/as disfrutan moito xa que teñen diferentes experiencias cos medios de transporte terrestres, aéreos ou marítimos e están entusiasmados de compartilas cos demáis e de coñecer un pouco máis sobre estes e outros transportes.

Nesta web atoparedes un xogo moi sinxelo para relacionar transportes e clasificalos: Transportes 

Do mesmo modo, nestas dúas webs atoparedes diferentes actividades para traballar os transportes, a súa clasificación e a súa evolución co paso do tempo: Contos e xogos sobre os transportes ,Clasificación dos transportes , Transportes antigos/modernos .

Por último, propoñémosvos o xogo de Pasapalabra para facer en familia e intentar completar o rosco:
Pasapalabra transportes

Esperamos que vos gusten estes recursos e que sirvan para mellorar a comprensión deste novo tema. Un saúdo a todos/as!

Comentarios