Últimas saídas realizadas

Boas a tod@s! O terceiro trimestre xa comezou con moi bo tempo e moitas ganas de seguir aprendendo e compartindo momentos, tanto no colexio coma fóra del.

Nas últimas saídas que realizamos puidemos coñecer máis en profundidade os temas que previamente tiñamos traballado na clase previamente.

Tras traballar nun libro de ciencia ficción que nós mesmos inventamos e editamos, aproveitamos a ocasión para visitar o Salón do Libro. Nesta saída os alumnos/as de primeiro gozaron dunha sesión de contacontos e dunha visita guiada polo Salón, especialmente decorado e ambientado na temática da ciencia ficción: o espacio, os robots, a galaxia, os aliens... Foi moi divertido e realmente instrutivo.








Tamén visitamos Reptigalia e puidemos ver moi preto os diferentes réptiles e observar o seu comportamento. Algúns mesmo se animaron a tocar una serpe! Foi, de seguro, unha experiencia inolvidable para eles/as!












Comentarios