A hora. En punto / e media

Boas a todos/as.

En 1º Primaria comezamos a traballar a hora na materia de matemáticas. A hora é un concepto moi importante no que a maioría dos nenos/as se están iniciando.

Para facer esta aprendizaxe máis amena, propoñemos estes recursos interactivos nos que os alumnos/as poden practicar os seus coñecementos e profundizar no concepto de hora e media hora.

É moi importante que sigan uns pasos: fixándose nun primeiro momento na agulla corta que sinala a HORA e, logo, na posición da agulla larga que sinala os MINUTOS: se está no 12 son en punto e se está no 6 son e media. Seguindo estes sinxelos pasos pronto se decatarán do funcionamento desta medida de tempo tan importante para as nosas vidas.


Aquí vos propoñemos uns exercicios para que eles mesmos poden levar a cabo:

Escribe as horas

Relaciona

Tipos de reloxos

A hora que marca

Na seguinte actividade LIM teñen que mover as agullas do reloxo para indicar a hora que se lles pide. Nela decataránse de que hai unha agulla para as horas (a primeira que debemos mover) e unha para os minutos.

Movendo as agullas do reloxo


Esperamos que lles gusten estes recursos e que lles semellen atractivos á vez que educativos.


Un saúdo.

Comentarios