Saída á praza de abastos 1º Primaria

Boas a todos!

O pasado mércores os nenos/as de primeiro e dous nenos da aula amarela visitamos a praza de abastos de Pontevedra, donde coñecemos qué se vende neste mercado e donde atopar os diferentes productos frescos e saudabres para a nosa alimentación.

 Un grupo pasou primeiro mentres o outro esperaba nun parque onde merendaron e o pasaron en grande.











Unha vez dentro unha guía explicounos o percorrido.

Primeiro paramos na peixería para distinguir os distintos peixes que comemos a miúdo nas nosas casas; aínda que sin dúbida o que máis lles chamou a atención foi un peixe espada.



Logo paramos na floristería onde había todo tipo de flores para centros e ramos.

A continuación miramos a través do mostrador dunha carnicería e distinguimos as diferentes carnes, comprendendo que cada carne ten unha cor e sabor diferente.

Por último visitamos a froitería e alí atopamos unha gran variedade de froitas e vexetais. Os nenos/as recoñeceron todas elas!




Para finalizar a visita participamos nun concurso de debuxo e os alumnos/as debuxaron o que máis lles gustara da visita.









Ademáis, regaláronnos un globo e unha piruleta polo que resultou unha visita educativa e de lecer.



Como vedes gozaron moito desta saída que lles permitiu coñecer mellor o mercado de abastos.

Comentarios